Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Outubro 2026.

12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de setembro

    Nova entrega da campaña de sensibilización do Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia.

    29/09/2026.
    Entrega do mes de setembro da campaña de sensibilización de CCOO

    Entrega do mes de setembro da campaña de sensibilización de CCOO

    Coma todos os meses, esta campaña pretende informar e sensibilizar. Porque temos a idea de que tanto a nosa afiliación como a sociedade enteira sexan partícipes da proposta do feminismo sindical de CCOO, poñemos a vista no carácter esencial dos coidados no desenvolvemento da poboación e do traballo, no desenvolvemento da vida.

    Para o mes de setembro, a campaña do Gabinete de Igualdade do Sindicato Nacional de CCOO Galicia continúa co resumo das 100 medidas para un Pacto integral e estatal de coidados.

    Como parte da nosa loita por un modelo de coidados comprometido coas persoas necesitadas dese coidado así como coas persoas coidadoras, poñemos o acento na corresponsabilidade, non só entre mulleres e homes, senón tamén entre persoas e entidades públicas e, sobre todo, no desenvolvemento de empresas corresponsables de verdade coa sociedade.

    Esta vez traemos medidas afastadas da negociación colectiva, pero que se focalizan nas tarefas que deben poñer en marcha as Administracións públicas, dado que a mellora das políticas pú­blicas de coidados significaría, necesariamente, unha achega transversal á corresponsabilidade, neste caso aquela que emana directamente dos organismos estatais, autonómicos ou locais co­rrespondentes. A eficacia destas medidas dependerá da promoción duns coidados que xa non dependan da tradición machista que responsabiliza deles as mulleres. Así, CCOO promove o se­guinte:

    Entre outras, priorización dos servizos públicos de coidados; simplificación e axilización dos trámites administrativos; creación de oficinas de información e recursos para os coidados; redución a tres meses dos prazos de valoración da dependencia; ampliación e adaptación dos servizos profesionais de atención e das axudas técnicas; formación continua en novas tecnoloxías aplicadas aos coidados; e garantía de emprego digno e condicións laborais e salariais dos convenios sectoriais nas plataformas dixitais de coidados.

     

    ___

    (*) Máis información no documento anexo a esta nota informativa.